COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAL EN MAN COMÚN DE ASADOS

Presentación

Pincha na imaxe para agrandar

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Asados, constitúese no ano 1981 e está
composta pola veciñanza da parroquia, actualmente somos 442 persoas comuneiras.
Ten a súa sede no edificio das antigas escolas unitarias da parroquia de Asados, sito no lugar
Atalaia.
A CMVMC de Asados é titular dunha superficie de monte veciñal de 101,90 ha. que xestiona con un
obxectivo fundamental: a conservación e a xestión sostible dos recursos naturais contribuíndo á
mellora das condicións ambientais, económico e sociais do territorio.
Mais tamén actúa en defensa e recoñecemento da titularidade veciñal e a súa importante labor na
conservación e xestión sostible dos recursos naturais e patrimoniais. Fomenta tamén a implicación
de toda a veciñanza e persoas usuarias do monte promovendo e participando en actividades
educativas, culturais e sociais.

1 comentario

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll Up